miércoles, 11 de marzo de 2009

Riscos laborais!!!

Moi boas!!!

Hoxe tócanos facer un mapa conceptual sobre riscos laborais e unha clasificación dos distintos riscos.

Primeiramente farei unha definición de risco e de factor de risco e logo a farei o mapa conceptual e os distintos riscos laborais.

Risco: é o efecto que poden producir aqueles fenómenos, obxetos ou sustancias os cales están comprobados que poden afectar ó traballador producindo enfermidades ou accidentes de traballo.

Risco de traballo: é aquel fenómeno, elemento ou acción de natureza química, física, orgánica, sociolóxica ou social que por presencia ou ausencia se relaciona coa aparición en determinadas persoas e condicións de lugar e tempo, de eventos traumáticos con efectos na saúde do traballador tipo accidente ou non traumáticos con efectos crónicos tipo enfermidade ocupacional.
Outra definición é a que da o artigo 4 da Lei 31/1995 de Prevencion de Riscos Laborais sobre risco laboral e danos derivados do traballo son:
Entenderáse como risco laboral a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo.
Un dano derivado do traballo serán: enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión de traballo.

CLASIFICACIÓN DE RISCOS LABORAIS:






Pois de momento non teño ningún exercicio para facer,entón que me vou tomar uns días de vacacións aproveitando o "Día do Pai".
Un saúdo a até pronto.




1 comentario:

  1. A definición de risco está ben, aínda que moito mellor estaría se tiveras posto a definición que aparece no artigo 4 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, que define o término como “a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do seu traballo”, é dicir a posibilidade de que sufra un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional.

    A presentación está moi ben. Quizás nos riscos químicos en lugar de clasificalos atendendo a dous criterios deberías de ter posto exemplos sobre eles ¿sabes o que é unha “neumoconiosis”?.

    ResponderEliminar