lunes, 30 de marzo de 2009


Hola, ahora tócame comentar os riscos laborais que hai no seguinte debuxo!!!
1- os dous homes subidos na tarima de madeira, a prevención sería baixar.
2- a muller que baixa pola escaleira e pode tropezar na basoira, a prevención sería que a basoira non estivera ahí ou que a muller non baixase correndo.
3- o home que está fumando ó lado dun aparato electónico e ademáis hai un cartel que prohibe fumar, para empezar non se pode fumar no posto de traballo e a prevención sería apagar o cigarro.
4- o home que leva un vidro nas mans sen usar luvas, a prevención sería usar luvas.
5- un home transporta a outro subido nun transportín e ten dediante ferramentas tiradas polo chan que pode facer que tropece e caia, a prevención sería que home que vai enriba baixa de ahí e outros sería quitar as ferramentas que hai no chan.
6- un home está pasando cunha escada entre un cable que anda tirado polo chan, a prevención sería levar a escada entre dúas prsoas e que o cable estivera recollido ou no peor dos casos estivera protexido.
7- outro home leva un golpe na cabeza por non levar un casco, a prevención sería usar proteccións individuais todos os traballadores da empresa.
8- un home está pintando cun comprersor e está fumando ó mesmo tempo, a prevención sería non fumar e usar unha máscara protectora para non inhalar polvo e gases.
9- un grúa que leva uns tubos de ferro xusto por encima donde pasan dous homes nun carrito, a prevención sería facer unha almacenación e colocación do transporte.
10- unha máquina de facer pezas que está enchufada e hai varios caldeiros de auga ó seu lado podendo provocar un cortocircuito, a prevención sería secar o chan.
11- o centro de traballo está sucio e desordenado.
12- non hai extintor.
13- a escaleira non ten baranda.
14- o cartel está tapado pola chaqueta.
15- as botellas de vidro tirara polo chan.
16- os cables están tirados polo chan sen protección algunha.
17- o botiquín de primeiros auxilios está aberto e baleiro.


miércoles, 11 de marzo de 2009

Riscos laborais!!!

Moi boas!!!

Hoxe tócanos facer un mapa conceptual sobre riscos laborais e unha clasificación dos distintos riscos.

Primeiramente farei unha definición de risco e de factor de risco e logo a farei o mapa conceptual e os distintos riscos laborais.

Risco: é o efecto que poden producir aqueles fenómenos, obxetos ou sustancias os cales están comprobados que poden afectar ó traballador producindo enfermidades ou accidentes de traballo.

Risco de traballo: é aquel fenómeno, elemento ou acción de natureza química, física, orgánica, sociolóxica ou social que por presencia ou ausencia se relaciona coa aparición en determinadas persoas e condicións de lugar e tempo, de eventos traumáticos con efectos na saúde do traballador tipo accidente ou non traumáticos con efectos crónicos tipo enfermidade ocupacional.
Outra definición é a que da o artigo 4 da Lei 31/1995 de Prevencion de Riscos Laborais sobre risco laboral e danos derivados do traballo son:
Entenderáse como risco laboral a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo.
Un dano derivado do traballo serán: enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión de traballo.

CLASIFICACIÓN DE RISCOS LABORAIS:






Pois de momento non teño ningún exercicio para facer,entón que me vou tomar uns días de vacacións aproveitando o "Día do Pai".
Un saúdo a até pronto.




lunes, 9 de marzo de 2009

O I.V.E.

Hoxe toca falar do .I.V.E., este quizás sexa dos exercicios máis sinxelos que levamos feitos até o de agora.

A emmpresa "Deporxoán S.L." ten que facer a declaración do i.v.e. que hai que pagar entre o 1 e o 20 de cada més seguinte de finalizar o trimestre.

Temos 2 apartados:

Apartado A:
Ten que pagar entre o 1 de xullo e o 20 de xullo.

-Compras:

  • 90000 x 16% = 14400E
  • 30000 x 7% = 2100E
  • 40000 x 4% = 1600E
  • Total IVE soportado =18100E

-Vendas:

  • 160000 x 16% = 25600E
  • 25000 x 7% = 1750E
  • Total IVE repercutido = 27350E

IVE REPERCUTIDO - IVE SOPORTADO = 9250E

Apartado B:


Ben pois de momento non teño máis tareas por facer, a ver si Emilio nos pon outra actividade así de sinxela.
Até a próxima,un saúdo!!!

martes, 3 de marzo de 2009

O IRPF

Cantos días sen vernos,desta vez tocarame facer un exercicio sobre o IRPF, terei varios apartados por resolver e terei que descubrir o epígrafe que lle corresponde ó señor Montes.

Apartado primeiro:

-epígrafe 967.1 Instalaciones Deportivas.
-epígrafe 967.2 Escuelas y Servicios de perfecionamento del deporte.
-epígrafe 968.1 Instalaciones para la celebración de espectáculos deportivos.

Ó señor Montes correspóndelle o epígrafe 967.2

Apartado segundo:

  • -Persoanl asalariado 7035.55 x 2 = 28142.20E
  • -Local 300m2 x 34.01 = 10203E
  • -Personal non asalariado 14215.95 x 2 = 28431.90E
  • RENDEMENTO NETO PREVIO = 66777.10E

  • 1100 X 20% = 220E X 2 anos = 440E
  • 19800 x 25% = 4950E
  • 120000 X 5% = 6000E
  • RENDEMENTO NETO REDUCIDO = 55387.10E
  1. Índice corrector por exceso = 37067.30E
  2. Exceso 55387.10 - 37067.30 = 18319.80E
  3. Índice 18319.80 X 1.3 = 23815.74E
  4. Rendemento = 37067.30 + 23845.74 = 60883.04E

Apartado terceiro:





Ben como vos pudestes fixar para poder realizar o exercicio de Mario Montes e saber como tiña que facer eses pagos fraccionados houbo que entrar na páxina www.aeat.es, na orde do 29 de novembro de 2008 onde se publica a orde pola que se desarrolla para o ano 2009 o método de estimación obxectiva do I.R.P.F.

É bastante sinxelo só hai que seguir os pasos e encher o impreso.

Espero que vos servra de axuda.

Un saúdo!!!

miércoles, 18 de febrero de 2009

Primeiros auxilios!!!

Bos días!!
Hoxe tócame falar de "primeiros auxilios", non é un tema que me apasione moito pero recoñezo que é moi interesante saber como pode actuar unha persoa nun momento dado. Polo que deixarei unhas consignas que poden ser moi útiles.

¿Qué facer ante...?

Traumatismos leves
Se sufriu un traumatismo sen ferida aberta nin deformidade do membro :
Aplique compresas frías na zona ou xeo ( nunca directamente sobre a pel, sempre envolto nun pano).
Manteña a zona en repouso, se é unha extremidade elévea

Feridas
1.- Lave con auga e xabón, enxuague e seque ben.
2.- Cúbraa cun vendaxe limpo e presione ata que cese a hemorraxia.
3.- Aplique un desinfectante, por exemplo povidona iodada ou auga osixenada ( non alcohol, dificulta a cicatrización da ferida) e tape a ferida.
4.- Se ten un obxecto cravado non o intente extraer, cúbrao para que non se mova e acuda ó médico.

Hemorraxia nasal
1.- Apretelle o nariz xusto por debaixo do óso, como mínimo dez minutos.
2.- Coloque ó paciente sentado coa cabeza lixeiramente inclinada cara diante.
3.- Indique á persoa que respire pola boca e evite tragar sangue.
4.- Aplique frío local sobre a fosa que sangra.
5.- Poña unha gasa empapada en auga osixenada na fosa que sangra, introducíndoa pouco a pouco.
6.- Se non cesa a hemorraxia acuda ó médico.

Queimaduras
Leves:
1.- Refresque a zona con auga fría polo menos durante dez minutos.
2.- Cubra a queimadura cun antiséptico e un apósito estéril.
Importantes:
Cubra a queimadura cun apósito limpo e acuda ó médico. Non rompa as ampolas nin aplique cremas nin pomadas.

Desvanecemento
1.- Comprobe que a persoa respira.
2.- Coloque á victima en posición lateral, afrouxelle a roupa. Procure relaxala.
3.- Cando recupere o coñecemento non permita que se levante de repente. Primeiro debe sentarse e ir incorporandose pouco a pouco.
4.- Se non recupera o coñecemento avise a un médico.

Picaduras de insectos
1.- Se o aguillón está cravado na pel extráiao, coidando de non premer a parte superior para non introducir máis veleno.
2.- Lave a ferida con auga e xabón.
3.- Aplique xeo local, amoníaco rebaixado ou un producto específico para picaduras.
4.- Se aparece dificultade para respirar, picor , mareos ou calquera reacción xeneralizada acuda ó médico.

Intoxicacións
Tóxicos inxeridos:
Por norma xeral non provoque o vómito, acuda a un servicio médico, se é posible adxunte o envase do tóxico.
Tóxicos inhalados:


Ben como podedes observar esto só é unha guía práctica de primeiros auxilios do SERGAS de casos moi comúns que se pode atopar un na vida cotiá,non vos vou falar do RCP porque eso xa o fan os meus compañeiros.

Atá a próxima visita!!!


lunes, 16 de febrero de 2009

IMPOSTO DE SOCIEDADES



"Vou a poñer o link que é xenérico para os tres casos a tratar neste exercicio e en cada un concretamente deixarei o número de referencia para que poidades acceder sen ningún tipo de problema".

https://www5.aeat.es/ES13/S/IAFRIAFRI01F

¿As multas citadas son deducibles fiscalmente para determinar a base impoñible?

NÚMERO DE REFERENCIA DE MULTAS E SANCIÓNS: 124433

A multa de 200€ de Xoán por infraccións de tráfico non teñen a consideración de gasto fiscalmente deducible para determinar a base impoñible do Imposto sobre Sociedades. Se a entidade contabilizou as multas de tráfico como gasto, deberá realizar un axuste positivo ao resultado contable polo seu importe, para determinar a base impoñible do Imposto sobre Sociedades.

¿Son fiscalmente deducibles o reparto de décimos de lotaría entre os clientes dunha empresa?

NÚMERO DE REFERENCIA DE PARTICIPACIONES DE LOTARÍA PARA CLIENTES: 128254

Os 1000€ que Xoán fixo en participacións de lotaría entre os sues clientes son fiscalmente deducibles para calcular a base impoñible do Imposto sobre Sociedades e non haberá que facer axustes.

¿E os donativos a entidades deportivas?

NÚMERO DE REFERENCIA DE DONATIVOS A FEDERACIÓNS E CLUBES DEPORTIVOS: 126101

Os 800€ que Xoán donou o equipo de volleyball si que son gasto deducible sen operar limite algún sobre a base impoñible e non fará falla realizar axustes.

CALCULA A BASE IMPOÑIBLE DO EXERCICIO EN CUESTIÓN!!!

35000+200=35200 €


miércoles, 4 de febrero de 2009

A Carta de Presentación!!!

Ola amigos!!!

Hoxe tócame falar de como realizar unha carta de presentación. A carta de presentación debe ir adxunta ó "Currículum Vitae".

De todos os exercicos que levo feito ata o de agora creo que é o máis sinxelo de todos, vouvos mostrar a miña carta de presentación e así serviravos de guía:




Carta