miércoles, 18 de febrero de 2009

Primeiros auxilios!!!

Bos días!!
Hoxe tócame falar de "primeiros auxilios", non é un tema que me apasione moito pero recoñezo que é moi interesante saber como pode actuar unha persoa nun momento dado. Polo que deixarei unhas consignas que poden ser moi útiles.

¿Qué facer ante...?

Traumatismos leves
Se sufriu un traumatismo sen ferida aberta nin deformidade do membro :
Aplique compresas frías na zona ou xeo ( nunca directamente sobre a pel, sempre envolto nun pano).
Manteña a zona en repouso, se é unha extremidade elévea

Feridas
1.- Lave con auga e xabón, enxuague e seque ben.
2.- Cúbraa cun vendaxe limpo e presione ata que cese a hemorraxia.
3.- Aplique un desinfectante, por exemplo povidona iodada ou auga osixenada ( non alcohol, dificulta a cicatrización da ferida) e tape a ferida.
4.- Se ten un obxecto cravado non o intente extraer, cúbrao para que non se mova e acuda ó médico.

Hemorraxia nasal
1.- Apretelle o nariz xusto por debaixo do óso, como mínimo dez minutos.
2.- Coloque ó paciente sentado coa cabeza lixeiramente inclinada cara diante.
3.- Indique á persoa que respire pola boca e evite tragar sangue.
4.- Aplique frío local sobre a fosa que sangra.
5.- Poña unha gasa empapada en auga osixenada na fosa que sangra, introducíndoa pouco a pouco.
6.- Se non cesa a hemorraxia acuda ó médico.

Queimaduras
Leves:
1.- Refresque a zona con auga fría polo menos durante dez minutos.
2.- Cubra a queimadura cun antiséptico e un apósito estéril.
Importantes:
Cubra a queimadura cun apósito limpo e acuda ó médico. Non rompa as ampolas nin aplique cremas nin pomadas.

Desvanecemento
1.- Comprobe que a persoa respira.
2.- Coloque á victima en posición lateral, afrouxelle a roupa. Procure relaxala.
3.- Cando recupere o coñecemento non permita que se levante de repente. Primeiro debe sentarse e ir incorporandose pouco a pouco.
4.- Se non recupera o coñecemento avise a un médico.

Picaduras de insectos
1.- Se o aguillón está cravado na pel extráiao, coidando de non premer a parte superior para non introducir máis veleno.
2.- Lave a ferida con auga e xabón.
3.- Aplique xeo local, amoníaco rebaixado ou un producto específico para picaduras.
4.- Se aparece dificultade para respirar, picor , mareos ou calquera reacción xeneralizada acuda ó médico.

Intoxicacións
Tóxicos inxeridos:
Por norma xeral non provoque o vómito, acuda a un servicio médico, se é posible adxunte o envase do tóxico.
Tóxicos inhalados:


Ben como podedes observar esto só é unha guía práctica de primeiros auxilios do SERGAS de casos moi comúns que se pode atopar un na vida cotiá,non vos vou falar do RCP porque eso xa o fan os meus compañeiros.

Atá a próxima visita!!!


1 comentario:

  1. Está ben. Información moi útil para saber actuar ante determinadas situacións.

    Podes continuar coa seguinte actividade.

    ResponderEliminar